Ordenanza (soldado)

Ordenanza en Corea
Ordenanza (1802-1812)

No ámbito militar, chámase ordenanza,[1] mensaxeiro, oficial de ordenanza ou oficial de día ao soldado que se nomea diariamente para que leve as ordes e comunicacións oficiais do xefe do corpo ao cuartel e as autoridades da praza.

Tamén é un soldado pertencente a un corpo de garda que estando exento de facer labores de sentinela ou calquera outro servizo de vixilancia que está ás ordes daquel posto. Emprégase para realizar labores mecánicos como traer auga, varrer, ir en busca de utensilios, acender as luces, etc.

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-26. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search